miércoles, 25 de abril de 2012

Presentouse a curtametraxe


O pasado venres 20 de Abril, presentouse en Aranga con Colexio de A Castellana, a curtametraxe "Memorias dun neno labrego". O acto estivo organizado polo Concello de Aranga e respaldado pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña, na persoa de María Faraldo.


Fixemos un percorrido polo que foi a gravación da curtametraxe e a súa posterior proxección, todo cos rapaciños coma protagonistas e un denominador común: a corresponsabilidade na nosa vida diaria.





martes, 13 de marzo de 2012

Xa está dipoñible o trailer da curtametraxe

Comezamos a postprodución da curtametraxe. Un proceso que se reparte entre a montaxe de video, edición e montaxe de audio, etalonaxe e corrección de cor, masterización e renderizado final.                 Agardamos que vos guste o trailer de promoción da curtametraxe.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Rematamos a rodaxe da curtametraxe


















Rematamos a rodaxe da curtametraxe "Memorias dun neno labrego". Unha historia protagonizada por Lois, un rapaz de 10 anos de Aranga, que vive nunha granxa de vacas leiteiras, na que traballan os seus pais.


Para Lois, a granxa é o seu mundo, a súa vida ... e algún día él será quen de levar todo o negocio.


"Memorias dun neno labrego" forma parte dun proxecto promovido polo concello de Aranga, apoiado pola Deputación de A Coruña e realizado por Mandeo Records, con guión e dirección de Daniel López, baseado na corresponsabilidade na convivencia entre homes e mulleres, no núcleo familiar.


A presentación terá lugar en Aranga a primeira semana de Abril.